CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta PROTECCION CIVIL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROTECCION CIVIL. Amosar todas as publicacións

16 de febreiro de 2018

UNHA MOZA FERIDA NUN ACCIDENTE NO BREXO









Eran cerca da 1 e media da noite cando se producía un accidente na Avenida de Castrelo, pouco despois da curva do Brexo dirección Castrelo.



No suceso víronse implicados tres vehículos. A consecuencia do choque unha rapaza veciña de Cambados de 20 anos resultou ferida i evacuada ao Hospital do Salnés, con feridas leves.
Ao parecer o vehículo conducido pola moza saeuse da calzada batendo contra outros dous turismos aparcados e sin ninguén no interior.

Na intervención colaboran a Garda Civil de Cambados, Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados , Garda Civil de Tráfico, Ambulancia do 061 e Bombeiros do Salnes.






10 de febreiro de 2018

UN FERIDO NUN RARO ACCIDENTE









Un home de 38 anos, B.M.C.P., veciño de Vilanova resultou ferido leve esta mañán nun accidente que se produxo sobre as 11 hrs na Via Rápida do Salnés. O sinistro prodúxose pouco antes da rotonda dos Castaños en Ribadumia.

O home conducía un camión que chocou contra un remolque que se desprendeu do vehículo que o levaba por razóns descoñecidas.
O ferido foi atendido polos membros de Protección Civil de Cambados.
Na intervención tamén participan a Garda Civil de Tráfico , Mantemento de Estradas e Bombeiros do Salnes.







9 de febreiro de 2018

ACCIDENTE CON FERIDOS NA AUTOVÍA DO SALNÉS AO SEU PASO POR CAMBADOS












Tres feridos nun accidente na Autovía do Salnés en Cambados. Polo menos tres vehículos implicados e 2 feridos confirmados. O sinistro tivo lugar as 14:20 desta tarde.
Dous accidentes en un
Minutos despois das 2 e cuarto da tarde un vehículo, Renault Clio conducido por R.C.B. veciña de Meis de 28 anos colidía lateralmente ao invadir o carril contrario contra o vehículo Ford Focus ocupado por O.S.C. e o seu fillo de Cambados.
A conductora do Focus sufre de dor cervical, lumbar e dorsal. A cambadesa tivo que ser excarcerada polos Bombeiros sendo trasladada pola ambulancia do 061.
O segundo accidente prodúxose polo despiste dos conductores cando, desatendendo á circulación, miraban para o primeiro incidente.
Foi un choque por alcance. A conductora do Corsa foi trasladada ao Hospital do Salnés pola ambulancia de Protección Civil. O ocupante do Puegeot saleu ileso.

Nestes intres están sendo atendidas no H. do Salnés.



Na intervención colabora a Garda Civil de Tráfico, Garda Civil de Cambados, Ambulancia do 061, Mantemento de Estradas e Bombeiros do Salnes. 






6 de febreiro de 2018

TRES FERIDOS NUN ACCIDENTE NA ROTONDA DA ILLA












Unha saída de vía na rotonda da Illa sáldase con tres mozos feridos.

Esta tarde sobre as 14:50 hrs. da tarde, producíase un accidente na Illa de Arousa, concretamente na rotonda de entrada despois da Ponte, no que resultaron feridos tres mozos de 21, 20 e 17 anos de idade de Madrid, Carril e Valga.
Os mozos resultaron feridos en mans e pernas ao saír do vehículo cos cristais e restos do coche.
Foron evacuados ao Hospital do Salnés pola ambulancia de Protección Civil de Cambados que colaborou no dispositivo coa Policía Local de A Illa e a Garda Civil de Tráfico.





3 de febreiro de 2018

UN FERIDO NUN ACCIDENTE NOS CATRO CAMIÑOS










Sobre as 21:40 prodúxose un atropelo nos Catro Camiños. Un coche atropelou ao propietario da Pastelería Saremi.
O ferido B.P.C de Cambados foi trasladado a un centro hospitalario. Concretamente ao Hospital do Salnés con danos nunha clavícula, por unha ambulancia do 061.
A conductora do vehículo M.J.R.G. veciña da Illa resultou ilesa.





20 de xaneiro de 2018

ARDE UN COCHE QUE CIRCULABA POLA MODIA










Un coche quedou calcinado sobre as 10,00 horas este sábado tras un incendio que comezou mentres circulaba pola Modia, en Cambados, na estrada EP-9002. Segundo informaron fontes dos bombeiros do Salnés que acudiron ao lugar para extinguir o lume, non houbo feridos nin danos persoais. Os propietarios do automóbil explicaron aos bombeiros que crían que o vehículo, un Citroën Xsara, tivera un fallo eléctrico. A pesar de que o parque de bombeiros atópase próximo ao sitio do incidente, a rápida propagación das chamas queimou gran parte do coche. Na intervención colabora a Policia Local de Cambados, Garda Civil de Tráfico, Garda Civil de Cambados, Bombeiros do Salnes e o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados.




19 de xaneiro de 2018

UNHA MULLER FERIDA TRAS BATER NELA UN BOLARDO ARRANCADO POR UN COCHE












Unha muller resultou ferida de consideración esta mañá en Cambados (11:30hrs) tras recibir o impacto dun bolardo contra o que previamente chocara un turismo.
Os feitos sucederon ás 11.30 horas na Rúa Real, xunto a praza de Fefiñáns. Un vehículo golpeou un dos bolardos metálicos que separan a zona de circulación dos vehículos e a área peonil, e este saíu disparado batendo na muller. O bolardo golpeou nas costas a unha muller de 67 anos, P. P. C. Protección Civil de Cambados explica que a muller foi atendida por unha ambulancia do 061, que a trasladou ao Hospital do Salnés. Queixábase de dor lumbar e cervical.

Nun primeiro momento ao CIAE-112 chegara o aviso dun atropelo.
Participaron no efectivo o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, a Policia Local de Cambados e a Ambulancia do 061.







17 de xaneiro de 2018

INVESTIGADO POR NEGARSE AO CONTROL DE ALCOHOLEMIA TRAS TER UN ACCIDENTE EN CAMBADOS













Un home de 33 anos e iniciais J. M. M. G. está a ser investigado penalmente por un presunto delito contra a seguridade viaria ao negarse a someterse a un control de alcoholemia tras sufrir un accidente de tráfico esta madrugada en Cambados, informou a Garda Civil. O accidente produciuse sobre as 5.00 horas na PO-550, en Cambados, concretamente en Castrelo. O home sufriu unha saída de vía e chocou contra un farol. Unha das rodas do seu coche saíu disparada e impactou contra outro vehículo que conducía unha muller, M. P. F., de 46 anos, que resultou ilesa, aínda que tivo que ser atendida polos servizos de emerxencias por un ataque de ansiedade. Segundo informa a Garda Civil, o individuo negouse a facer a proba de alcoholemia, e dado que o atestado indica que o home presentaba signos evidentes de estar ebrio, investígaselle penalmente. Ademais, o pai do condutor investigado presentou unha denuncia contra o seu fillo no cuartel da Garda Civil de Cambados por un incidente previo na súa casa no que se produciu unha agresión verbal durante unha discusión familiar.







16 de xaneiro de 2018

UNHA COLISIÓN ENTRE DOUS VEHÍCULOS SÁLDASE CON CATRO PERSOAS FERIDAS, DÚAS DELAS MENORES, NA ILLA DE AROUSA









Un choque entre dous turismos deixou a catro persoas feridas, das cales dúas eran menores de idade, na Illa de Arousa. O accidente produciuse ás dúas desta tarde na PO-307 á altura do punto quilométrico 3.
Foron os axentes da Policía Local quen deron aviso ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para pedir asistencia. Deste xeito, acudiu ao lugar un equipo de Urxencias Sanitarias que se encargou da evacuación dos feridos, entre eles dous cativos.
Segundo explicaron os efectivos da Policía Local, as persoas estaban liberadas e accesibles, polo que non foi necesaria a intervención dos bomberos. Non obstante, si tiveron que intervir os membros do servizo de limpeza e mantemento da vía para a retirada dos danos provocados polo impacto e o restablecemento das condicións de seguridade na vía.

O Servizo de Emerxencias do Concello Cambados acudeu ao accidente. Na intervención colaborou a Ambulancia do 061, Policia Local da Illa de Arousa e Garda Civil de Tráfico.




A ALERTA LARANXA DE HOXE PASA A VERMELLA MAÑÁN










A maior parte da flota galega permanece este martes amarrada a causa do temporal costeiro de nivel laranxa que afecta ao litoral e que se prolongará ata o mércores con ondas de entre cinco e sete metros. A situación máis complicada este martes vívese na costa das provincias da Coruña e Lugo, mentres que na de Pontevedra aínda é posible parcialmente saír ao mar. Este mércores, con todo, espérase que as condicións empeoren en todo o litoral.
En concreto, na Coruña, permanece totalmente amarrada a flota de Camariñas, Cariño, Malpica ou Rianxo, mentres que en Laxe saíron unicamente 10 barcos. Na Pobra saíu a flota que faena máis cerca do porto, dado que as condicións ao abrigo do litoral aínda non son moi malas e en Cedeira traballan os barcos de volante máis grandes. En Corcubión, pola súa banda, traballan con normalidade a maior parte dos buques.
No caso de Lugo, a alerta no mar tamén afecta á flota, que está amarrada en Ribadeo e Celeiro. Con todo, as características dos barcos de Burela permiten que estean traballando.
Finalmente, a provincia de Pontevedra rexistra unha mellor situación e traballan con normalidade as confrarías de Bueu, Cambados, Cangas ou Pontevedra, mentres que en Baiona saíron os becerreiros e parte da flota, pero outra parte permanece amarrada.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, xa informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (http://www.axega112.org/), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.





NOVIDADES PARA A SEGUNDA EDICIÓN DO OCEAN LAVA GALICIA A CORRER EN CAMBADOS










Este ano melloráronse os circuítos da proba

Despois do éxito conseguido na primeira edición, Ocean Lava Galicia buscará consolidarse este 2018. Sobre os mesmos paraxes que na edición de 2017, o 29 de abril disputarase a segunda edición.
O cambio de data é a gran novidade desta edición, onde a organización tivo que adaptala polo comprimido calendario de tríatlon da federación galega de tríatlon. Tentando mellorar a experiencia dos triatletas, a organización deseñaron os circuítos sobre a base dos utilizados na pasada edición, pero tratando de mellorar os aspectos os puntos débiles detectados na proba. A natación será en liña como en 2017 con saída no Porto de Santo Tomei e chegada no porto de Tragove, os dous na localidade de Cambados, coa novidade de que este ano a natación farase pola parte de fóra do peirao para que sexa unha natación moito máis limpa. No segmento de ciclismo simplifícase a ligazón evitando o primeiro tramo urbano, e sinalizando e arrombando a zona máis complicada de leste. Seguirán sendo 4 voltas, pero coa eliminación da ligazón pasan a ser 80 quilómetros. Aínda así, o segmento ciclista mellora moito coa eliminación dese primeiro tramo de ligazón. No segmento de carreira, na distancia half a ponte da Illa de Arousa seguirá sendo un dos emblemas da proba. Redúcese tamén o tramo urbano, que se fará ao principio do media maratón investindo así a orde con respecto á edición de 2017. O segmento de carreira a pé sairá de Cambados, pasando por Vilanova de Arousa ata a Illa de Arousa onde se dará volta para volver a Cambados onde estará situada a meta.


Actualmente, só está aberta a inscrición da distancia half e en caso de non alcanzarse os 200 deportistas inscritos ao 15 de febreiro, abrirase a inscrición para a distancia curta. Esta distancia abriríase en principio con soamente 100 prazas, limitando sempre en todo caso a proba a 350 inscritos entre as dúas distancias, pois un dos obxectivos da organización é a loita contra o drafting. Ademais nesta edición incorpórase como coorganizador o club Olímpico de Vedra e manterán o apoio á proba os clubs locais: club piraguismo Cambados, club ciclista do Salnés, club ciclista Cambados e club atletismo Cambados ademais da Mancomunidade do Salnés, especialmente os concellos de Cambados, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa, con colaboración tanto en recursos humanos (Policía e Protección Civil) como medios técnicos. En total un dispositivo de aproximadamente 130 voluntarios, aos que tamén se unirán as agrupacións de Protección Civil de Caldas e Ribadumia. Máis información:http://oceanlavagalicia.com/ Foto e Info: Ocean Lava Galicia




13 de xaneiro de 2018

UN CORTOCIRCUITO POSIBLE CAUSA DO INCENDIO NO PUB BROTHERS DE CAMBADOS












Un curtocircuíto semella ser a causa dun incendio que afectou esta madrugada o segundo andar dun pub no centro de Cambados. Nel non había ninguén e grazas a un veciño, que se decatou do lume, puido evitarse que se espallase por todo o local, maioritariamente construído en madeira.

Sobre as 05.45 da mañá de hoxe un veciño da praza Alfredo Brañas, no centro de Cambados, vía que saía fume polas fiestras dun local de ocio da zona que xa estaba pechado. Os bares derredor tampouco estaban abertos e non quedaba ninguén pola rúa, pero este veciño puido chamar os servizos de emerxencia. Alí presentouse unha patrulla da Garda Civil e varias persoas que tentaron entrar no local por unha fiestra, pero a fumareda xa era moi intensa. Despois chegaba Protección Civil de Cambados e os Bombeiros de Ribadumia, que conseguían entrar no establecemento.

Os primeiros indicios apuntan a que o lume prendeu nun extremo do segundo andar e foise espallando cara ao teito. No seu avance estragou unha tubaxe dun lavadoiro profesional, que verteu auga e permitiu frear as lapas ata que chegaron os servizos de incendios. Unha sorte dentro da desgraza, xa que o teito e o chan eran de madeira.

Varios veciños do inmoble lindeiro co local foron avisados para que saísen das súas casas, aínda que o lume foi extinguido rapidamente e non afectou a estrutura do local. Os propietarios do pub sospeitan dun curtocircuíto nun enchufe e valoran os danos en milleiros de euros aínda que sinalan a fortuna de que non se producisen feridos e conseguisen salvar o resto do local.






12 de xaneiro de 2018

APARATOSO ACCIDENTE NA AUTOVÍA DO SALNÉS









Un adiantamento indebido provocou está mañá un aparatoso accidente na vía rápida que comunica Cambados con Ribadumia, no que se viron implicados tres vehículos, un dos cales se deu á fuga, e dúas persoas resultaron feridas. Segundo o servizo de emerxencias, a causa foi un adiantamento indebido dun dos turismos, un Mazda, que circulaba en sentido Pontevedra e invadiu o carril contrario para adiantar a unha furgoneta. O vehículo que viña de fronte, polo carril en dirección Cambados, tivo que saírse da estrada para evitar o impacto pero na manobra acabou chocando coa furgoneta. O condutor do coche que presuntamente provocou o accidente realizando o adiantamento deuse á fuga. Os ocupantes dos outros dous vehículos implicados resultaron feridos. Os dous feridos, un veciño de Cambados de iniciais B. P.V de 55 anos, e o outro veciño de Marín, S.V. L, de 38 anos, foron trasladados ao Hospital do Salnés con rasguños e dores cervicais. Ata o punto trasladáronse dotacións da Garda Civil de Tráfico, do 061 e das agrupacións de Protección Civil de Ribadumia e Cambados.







9 de xaneiro de 2018

A MANCOMUNIDADE DO SALNÉS A COMPRA UN VEHÍCULO PARA A LOITA CONTRA A VESPA VELUTINA









Esta mañá fíxose a presentación do novo vehículo da Mancomunidade do Salnés para a loita contra a vespa velutina e o picudo vermello.
A pesres de ser Cambados a sede da Mancomunidade o acto tivo lugar no auditorio do Esteiro de Vilanova de Arousa, para dar todo o protagonismo a un alcalde do PP. No mesmo, estiveron presentes o presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán,  a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e outros representantes dos concellos da Mancomunidade do Salnés .
A adquisición deste novo vehículo supuxo un investimento de arredor de 112.000 euros, dos cales case 74.000 corresponderon a una subvención aportada pola Vicepresidencia, a través do Fondo de Compensación Ambiental.
Trátase dun vehículo Unimog cunha longa grúa de entre 30 e 40 mts, e cun cesto homologado con espazo para dúas persoas, que permitirá eliminar niños de vespa velutina situados a gran altura e difícil acceso, actuando sobre os nove concellos que compoñen a Mancomunidade do Salnés.
A vez, tamén permitirá instalar nas palmeiras o tratamento contra a enfermidade do picudo vermello, así coma a poda das ramas destes árbores ou doutros que poidan por en risco a seguridade dos cidadáns.

Ao longo do pasado ano, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) tamén levou a cabo a entrega de traxes de protección individual e pértigas para a loita e control da vespa asiática a diversos concellos e agrupacións de emerxencias dentro do operativo establecido para loitar contra a vespa velutina en toda Galicia.




4 de xaneiro de 2018

CAMBADOS RECOLLEU MÁIS DE 2600 QG DE ALIMENTOS E MÁIS DUN CENTO DE XOGUETES POLO NADAL









O Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade de Cambados, Tino Cordal, amosa a súa satisfacción polo éxito da campaña de Nadal que serviu para recoller alimentos non perecedoiros, típicos do Nadal, produtos de hixiene corporal e xoguetes novos ou en bo estado de uso.

Esta campaña do Nadal realizouse grazas á colaboración da Agrupación de Protección Civil de Cambados, a Asociación de Comerciantes Zona Centro, o Club Atletismo de Cambados, o Club Xuventude de Baloncesto, a empresa Aquafit, que xestiona a piscina municipal, e todas as ANPAS dos colexios e institutos do noso municipio: Os Caeiros, Os Olmos, Santa Mariña Dozo, Arco de Fefiñáns, Con de Sete Pías, O Estanque, O Castro e A Pastora.

Nos colexios e institutos de Cambados as ANPAS recolleron ao longo de cinco días (do luns 11 ata o venres 15 de decembro) arredor de 500 quilogramos de alimentos non perecedeiros e típicos do Nadal, ademais de produtos de hixiene corporal. Este material foi recollido, ordenado e almacenado polo persoal dos Servizos Sociais do Concello de Cambados, quen procedeu ao seu posterior reparto entre as familias necesitadas os días 20, 21 e 22 de decembro.

En varios supermercados da nosa localidade tamén se recolleron alimentos non perecedeiros , típicos do Nadal e produtos de hixiene corporal. Foi a Agrupación de Protección Civil de Cambados quen se encargou de recollelos e entregarllos posteriormente aos Servizos Sociais do Concello. Neste caso, acadouse unha gran cantidade de alimentos, superando os 1500 kilogramos.

A empresa Aquafit, que xestiona a piscina municipal, recolleu no seu maratón navideño solidario de actividades, realizado o 29 de decembro, máis de cen quilogramos de bebidas non perecedeira (augas, zumes, etc.) e produtos de hixiene persoal (xabón, xel, xampú, etc.), que foron igualmente doados aos Servizos Sociais do Concello de Cambados, quen se encarga de distribuílos entre as familias necesitadas da nosa localidade.  

Na IV Carreira San Silvestre Solidaria de Cambados do 31 de decembro, o Club Atletismo de Cambado recolleu uns 500 kilogramos de alimentos non perecedeiros, aproximadamente, e varias ducias de xoguetes. Tamén se recolleron varias ducias de xoguetes no partido do Club Xuventude de Baloncesto celebrado no pavillón do Pombal o pasado 29 de decembro.
A recollida de xoguetes efectuada nas dependencias de Zona Centro e dos propios Servizos Sociais do Concello situadas no edificio de oficinas e servizos municipais da rúa Ourense foi algo máis abundante, pois neste caso superouse o centenar de xoguetes. Os xoguetes novos ou en bo estado de uso estanse a entregar ás familias necesitadas de Cambados nestes días previos á chegada dos Reis Magos. Segundo Cordal, “tratamos de evitar que ningún neno ou nena de Cambados quede sen xoguetes, independentemente da precariedade da situación económica da súa familia”.

O Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade de Cambados, Tino Cordal, agradécelle a todas as ANPAS, á Agrupación de Protección Civil de Cambados, á Asociación de Comerciantes Zona Centro, ao Club Atletismo de Cambados, ao Club Xuventude de Baloncesto e a empresa Aquafit a súa colaboración con esta campaña.
Cordal considera ademais que “entre os obxectivos desta campaña do Nadal tamén estaba transmitir á poboación cambadesa valores como a solidariedade entre veciños, sobre todo nos casos en que existen necesidades evidentes”. “Ser bo cidadán implica ser solidario e axudar aos teus veciños cando o precisan, e non só durante as festas do Nadal”.
Logo desta campaña solidaria do Nadal o Banco de Alimentos do Servizos Sociais de Cambados está practicamente cheo, tendo existencias para repartir entre as familias máis necesitadas do noso Concello durante varios meses. En definitiva, todo un éxito. 





19 de decembro de 2017

INCENDIO EN CAMBADOS












Bombeiros do Salnés, Protección Civil e Policía Local de Cambados participaron onte tarde nun amplo dispositivo en Cambados na avenida de Galicia, por mor dun incendio que se produciu no tiro da cheminea dunha vivenda desa rúa. Non houbo que lamentar danos persoais nin tampouco materiais de gravidade. O incendio obrigou a cortar un carril da estrada, unha das entradas no centro da vila.






8 de novembro de 2017

APARATOSO ACCIDENTE CON UN FERIDO EN CASTRELO E UN FERIDO NA RECOLLEITA DE KIWIS















Un accidente de tráfico, rexistrado esta mañá en Cambados, deixa unha persoa ferida. O vehículo no que viaxaba a vítima envorcou cando circulaba pola PO-549, á altura de Castrelo.
Foi unha persoa particular a que alertou da situación ao 112 Galicia, ás 6:35 horas desta mañá. Segundo explicou, a única persoa ferida, I.N.B., de 31 anos de idade, puidera abandonar o turismo polos seus propios medios.
O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e dos Bombeiros do Salnés. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.
A vítima foi evacuada polos efectivos sanitarios ao Hospital do Salnés. Un dos carrís da vía tivo que ser cortado mentres se agarda á retirada do vehículo sinistrado.

Un traballador ferido en Ribadumia ao ser arrolado por unha carretilla elevadora
Un operario resultou ferido nas últimas horas, en Ribadumia. A vítima foi arrolada por unha carretilla elevadora cando traballaba nunha empresa de kiwis. As instalacións nas que se produciu o accidente laboral sitúanse en Mosteiro, na parroquia de Portarís.
O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 18:45 horas, a través dun aviso do 061. Os efectivos sanitarios indicaron que estaban a mobilizar dúas ambulancias ata o punto do sinistro.
Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse a Protección Civil e á Garda Civil. 
Imaxes: Protección Civil de Cambados







19 de setembro de 2017

DOUS ACCIDENTES EN CAMBADOS CON FERIDOS











Dous accidentes en Cambados e un atropelo en Vilagarcía sáldanse con tres persoas feridas
Unha saída de vía foi a causa pola que unha muller resultou ferida este mediodía en Cambados. A condutora, no momento de producirse o accidente, circulaba a través do  Peirao de Santo Tomé, preto do Centro de Saúde da localidade. Por causas descoñecidas, saíuse da vía e impactou contra un muro. Así o relataban os técnicos sanitarios cando, ás 12:00 horas, informaron do suceso ao 112 Galicia.
A partir de aí, dende o CIAE solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Local. Tamén se informou aos membros de Protección Civil e aos Bombeiros do Salnés.

Ferido leve
Dez minutos antes, un particular informaba ao 112 Galicia dun choque entre dous turismos que circulaban pola estrada do Grove, ao pasar a Ponte de Castrelo, tamén en Cambados. Neste caso, unha persoa resultou ferida, aínda que, segundo indicou o alertante, non parecía revestir gravidade. Aínda así, dende o CIAE pasouse o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias. De igual modo, informouse á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros do Salnés.

Atropelo en Vilagarcía
Tamén este mediodía, sobre as 12:00 horas, persoal do 061 informaba ao CIAE dun atropelo a unha persoa na Rúa Doutor Tourón, en Vilagarcía. Ata o punto desprazáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes da Policía Local e de Protección Civil da localidade. Ademais, informouse aos Bombeiros de Vilagarcía.





13 de setembro de 2017

INICIO DA CAMPAÑA DE TRAMPEO DA VESPA VELUTINA









Solicítase colaboración da veciñanza no control do Avispón Asiático
Todos os propietarios de fincas que posúan árbores froiteiras e queiran colaborar no control desta especie invasora poderán poñerse en contacto co Departamento de Medio Ambiente do Concello de Cambados.
Tfno: 986520902 EXT: 746
R/ Ourense, 8, 1o Andar






7 de setembro de 2017

INCENDIO EN CAMBADOS









Arquivo



Os Bombeiros de Ribadumia sufocaron esta madrugada as lapas nun pendello, en Cambados. Non houbo que lamentar danos persoais. Tampouco unha casa que había ao seu carón se viu afectada. Ardeu leña e mazarocas que había no seu interior, víndose afectado polo lume tamén, o tellado do alpendre.  Así o relataron os Bombeiros ao persoal do 112 cando informaron da total extinción do lume. Indicaron ademais que unha charamusca puido ser a causa pola que se propagou o lume. O lugar era usado como asador, polos seus propietarios.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) tivo constancia do suceso, ás 03:50 horas desta madrugada. Foi a esa hora cando un particular indicaba que ardía un pendello ao carón dunha casa, na Laxe, no concello de Cambados.
A partir de aí, dende o CIAE decontado alertouse aos Bombeiros de Ribadumia, que se desprazaron ao punto nada mais recibir a alerta. Así mesmo, o 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil.