CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

Buscar neste blog

11.8.17

A MÚSICA ELECTRÓNICA VOLVERÁ A SOAR NO POMBAL DA MAN DE MÁXIMA FM














Estaban a facerse de rogar, pero por fin xa podemos anuncialo. Xa temos as  datas e nomes da xira de Maxima FM para este verán de 2017. Cada ano, a festa Maxima Open Air Tour vai por toda a península, e este ano non será menos.

Cambados (14 de Agosto), Oviedo (15 de Agosto), Parking de Baqueira (19 de Agosto), Castelló (21 de Agosto), Campello (22 de Agosto), Santiago da Ribeira (23 de Agosto), Osuna (25 de Agosto), Sanlucar de Barrameda (26 de Agosto) e Chiclana (27 de Agosto) serán este ano as localidades que acollan as festas máis movidas e cheas de enerxía deste verán.


E en canto a DJs, na xira de Maxima FM temos este verán un cartelón: Todo o cadro de persoal de DJs oficiais de Maxima FM, Arturo Grao, Enric Font, Javi Sánchez, Jose AM, Jose M Duro, Ramses López e Sergi Sánchez.

E de DJs invitados, unha pasada: Abel Ramos, Albert Neve, Branca Ross, DJ Nano, Eyes of Providence, Hektor Mass, Jack Mazzoni, Javi Raíña, Luís López, Luka Caro, Nils Van Zand, Subshock & Evanxeos e Victor Magán.


LUNS 14 DE AGOSTO. 22 HORAS. EXPLANADA DO POMBAL. CAMBADOS.

EN CABINA JOSE M DURO, JOSE AM E JAVI SÁNCHEZ. E COMO DJS CONVIDADOS SUBSHOCK & EVANGELOS / JACK MAZZONI E VICTOR MAGÁN






XI ENCONTRO DE PALILLEIRAS












O domingo dia 13 de agosto celébrase en Cambados o XI Encontro Internacional de Palilleiras no Pazo de Torrado. 

A programacíon para o dia é a seguinte
10.30h No Pazo de Torrado acto de recibimiento e presentación das palilleiras.
12.00h Actuación de grupos de gaitas.
13.00h Entrega de agasallos ás profesoras de cada grupo.
13.30h Agasallos ás participantes
14.00-16.30h Xantar dos participantes
17.30h e 18.30h Sorteos
18.00h Actuación musical sorpresa

19.30h Clausura do Encontro.






MASTERCLASS DE FOTOGRAFÍA A CARGO DE VARI CARAMÉS













O próximo VENRES 18 de agosto con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA FOTOGRAFÍA (sábado 19), realizaranse as seguintes actividades no Pazo Torrado:
As 12:00 Masterclass: "A mirada do fotógrafo"
As 17:00 Visita guiada á exposición a cargo do autor VARI CARAMÉS
Non deixes pasar esta extraordinaria oportunidade.
Reserva a túa praza no correo pazotorrado@gmail.com





O FESTIVAL DE XIRONSA SERÁ MÁIS FAMILIAR CA NUNCA












O festival Xironsa de Corbillón, en Cambados, chega este ano 2017 á súa XVII edición cunha novidade, a súa aposta por ofrecer unha programación enfocada ao público familiar.
A cita, centrada na música tradicional e o folclore, presentouse este xoves na Casa do Concello de Cambados coa presenza de Ana Castro, José Luis González e Juan Maceira pola organización; o concelleiro de Cultura da localidade, Víctor Caamaño; e o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal.
O festival terá lugar os días 25 e 26 de agosto na parroquia de Corbillón. Este ano case toda a programación vai ser de día, terán unha zona familiar acotada dentro do propio recinto e en paralelo aos concertos, e tamén postos para a cea. Para o tradicional xantar do sábado, os bonos xa están á venda en 10 establecementos de Cambados. Para adultos o prezo é de 15 euros, para nenos de 6 a 14 anos é de 8 euros, e para menores de 6 anos é de balde. 
José Luis González explicou que "este non é un festival de grandes masas", senón que está concibido como un espazo para poñer en valor a esencia da música tradicional, nos formatos que lle son propios como por exemplo os seráns, e que aposta por darlle cabida a asociacións de base que traballan pola proxección da música galega.
venres 25 terá lugar o III Serán Xironsa coa actuación da Asociación Cultural Penaguda, na praza da Seca, e a continuación está previsto que continúe a música cunha Folidada Aberta. O sábado os concertos de tarde inclúen actuacións de Xurxo Souto, Cuarteto Caramuxo, Blues do País e o Sindicato da Verbena. Nos descansos entre estas actuacións, a música correrá a cargo dos distintos grupos da Asociación Xironsa. Xa pola noite, o cartel está composto por O Sonoro Maxín, Treixadura, Leilía, e Boudebou gaiteiros. Na zona familiar, haberá xogos tradicionais e as actuacións do mago Dani García e do clown Rudi Dudi.
O evento conta coa colaboración da Deputación Provincial, con cargo ás liña de axudas creada especificamente para  festivais de música e de artes escénicas. Xosé Leal fixo fincapé en que esta liña de axudas "foi creada precisamente para apoiar propostas como o Xironsa, que ademais de apostar pola música galega e en galego, tamén ofrece un programa de actividades paralelas e para todos os públicos".





10.8.17

O CONCELLO DE CAMBADOS RECIBIRÁ MÁIS DE 250.000€ DO ESTADO











O Concello de Cambados vai recibir máis de 250 mil euros da Revisión da Liquidación Definitiva na Participación nos Tributos do Estado do exercicio 2015

- O Concello de Cambados e o terceiro de toda a provincia de Pontevedra que máis incrementa a PIE definitiva do 2015 despois do concello de Vilagarcía de Arousa e Cangas.
- Só a Illa de Arousa ten que devolver importe das entregas a conta realizadas durante o exercicio 2015

O Ministerio de Facenda e Función Pública ven de publicar na web da Oficina Virtual para a Coordinación Financeira coas Entidades Locais o resultado da revisión da liquidación definitiva da participación en tributos do Estado de 2015, unha vez que se obtiveron os datos definitivos do exercicio. Segundo estes datos o Concello de Cambados vai recibir un total de 252.290,09€ a maiores das cantidades percibidas a conta o longo do exercicio 2015, que ascenderon a 2.448.840,73 euros, superando así os 2,7 millóns de euros no exercicio 2015.


O resto dos Concellos da Comarca do Salnés, coa excepción da Illa de Arousa que vai ter que devolver 76.057,54€, tamén van percibir unha Liquidación Positiva nesta revisión, así Vilagarcía de Arousa vai percibir 324.746,29€, sendo o Concello que maior importe vai percibir non só da comarca do Salnés senón tamén da provincia, seguido do concello de Sanxenxo con 170.375,15; O Grove con 128.529,01€; Vilanova de Arousa con 111.874,22€; Meis con 35.578,60€; Ribadumia con 24.818,45€ e Meaño con 22.255,01€.



Unha vez realizada esta Liquidación Definitiva da PIE do 2015, no que se incrementa en 994.4099,28€ a participación nos tributos do estado dos concellos da comarca do Salnés, o importe da participación nos tributos do estado definitiva do exercicio 2015 sumando as entregas a conta realizadas o longo do exercicio 2015, chega a un total de 20.932.520,69€ o total da Participación por Variables Garantizada. Sendo o Concello de Vilagarcía de Arousa con 7.448.717,86€ o concello da comarca que maior importe percibiu, seguido de Sanxenxo con pouco máis de 3 millóns de Euros, seguido Cambados con 2,7 millóns de euros; os concellos que perciben menor importe no 2015 foron a Illa de Arousa e Ribadumia por debaixo dos 900 mil euros.







BASES DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2017












A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 01.08.2017, acordou aprobar as Bases que rexerán a convocatoria pública de subvencións municipais a ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO para o ano 2017, faise público o seu texto íntegro que é do seguinte tenor literal:
CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES 
SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2017
BASES
Disposicións xerais
1. Estas bases teñen por obxecto establece-los criterios e o procedemento para concede-las subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal, ou que, en xeral contribúan ó fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio de Cambados.
2. As presentes bases apróbanse de acordo co disposto na Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados (BOPPO nº 217 de 10 de novembro de 2004) e a normativa aplicable, especialmente a prevista na Lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións, no Real Decreto 887/2006 de 21 de xullo polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.



BASES








CURSOS DE AGOSTO NA OMIX DE CAMBADOS










Monitor de necesidades especiais

Duración 30 h semipresencial / Data: 17 e 18 de agosto  

Xestión eficaz do tempo

Duración 15 h  / Data: do 21 ao 25 de agosto

  Gratuitos

Lugar: Centro sociocultural La Merced
Participantes:, Monitores, voluntarios, mozos, mozas   e persoas interesadas

Información : Oficina Municipal de Información Xuvenil e voluntariado
Centro “La Merced” – 1º piso. Tel.986542663








TRES CLUBES CAMBADESES RECIBEN SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN










CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS E SUBVENCIÓNS NON CONCEDIDAS A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE PARTICIPAN EN COMPETICIÓNS FEDERADAS DE ÁMBITO INFERIOR A NACIONAL, NO DEPORTE BASE E REXIONAL PREFERENTE (MODALIDADE FÚTBOL) PARA O ANO 2017
De conformidade co establecido no artigo 18 da Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións e na base 25ª.16, do orzamento provincial para o ano 2017, publícanse as subvencións concedidas no mes de xullo, polo Servizo de Deportes da Deputación Provincial, aprobadas por Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 28 de xullo de 2017 a clubes da provincia de Pontevedra, tres de eles de Cambados.



Información completa










O XANTAR DO ALBARIÑO (1)









Imaxe: La Voz de Galicia


Coma na famosa novela de Gabriel García Márquez Cambados vive estes días tempos de cólera. Ao igual que apuntaba no seu maxistral artigo a redactora da Voz de Galicia na Edición de Arousa, o Xantar do Albariño foi a némese, o catalizador para que a vindeira campaña eleitoral entrara en escea.

E o que deu o pistoletazo de saída non foi outro que o Presidente da Xunta de Galicia que viu a cumplilo guión de tódolos anos co engadido (que a ninguén se lle escapa) de “arengar as súas tropas” que están de “capa” caída. Teñen tal odio e resentimento polo actual cuatripartito que lles sangra a língua por varios sitios coma un bonito. Pero toda esa xenreira había que canalizala e quen millor que D. Alberto para lle dar forma como político intelixente que é…
E o que fixo foi apelar a un símbolo como Manuel Fraga e a retirada da estatua que o goberno actual fixo do Parque de Torrado que provocou un tsunami a favor en en contra da mesma. A xente non é consciente do que significan os símbolos, e a imaxe Do Titán de Vilalba leva parella a imaxe de Cambados e do Albariño. Foi un dos máximos valedores da Festa e ainda que nas ringleiras da esquerda doa é algo do que D. Alberto se aproveitou moi hábilmente. Tiña moi claro o que tiña que Facer e dicir, un chamamento á unidade da dereita encol dunha figura que creou controversias en vida e polo que se escoita e le moito despois … 


Os mandatarios do PP Galego deronlle coma encomenda a Luis Aragunde que se poña as pilas e que bote de xeito inmediato a estes folloneros, radicais, e izquierdosos que nun feito histórico foron quen de desaloxar ao PP do Goberno Local despois de 28 anos. “Luis, como pode ser que coa Diputación ao teu servizo, a Xunta, o Estado e unha inxente morea de cartos non foras quen de salvar o noso cortijo. Porque este era o noso Xantar, esta era a xoia da Coroa da que presumiamos e visitabamos en peregrinación … mira o Capítulo Serenísimo que é noso en que o convertiron éstes, 50 personas que nos miran desfilar cando eran milleiros os que no seguían como as “estrelas” que somos, ata nos deixan sen o primeiro plato”…
E que decir da falla de respeto namentras a Alcaldesa Fatima Abal pronunciaba o seu discurso, falando nas mesas ocupadas polo PP sen nengún tipo de respeto, de educación. Certo que non estivo ben na miña opinión no derradeiro Pleno , deixouse levar quizais polo fragor do debate político e non permitiu unha terceira intervención do candidato polo que parece do PP a Alcaldía de Cambados. Porén non hai que devolver mal por mal, se non ben por mal, cando presumes de ser un partido de raíces Cristiáns, e a Alcaldesa tivo que subila voz de tal xeito que pasou de ser un discurso a un mitin. Eu se fóra ela (que non o son) lles houbera chamado a atención, moi finamente eso sí, como fan eles: ”aínda que haia xente maleducada que non sabe cando hai que estar calada vou seguir co meu discurso”, xa veríades se non baixaban a voz … E tamén comparto coa Alcaldesa que non fixera alusión algunha a Xunta despois do que levan boicoteado a nosa vila pola pataleta infantil de que lles quitaron o chupete. A verdade é que pouco lle importa ao PP que Cambados seña Cidade Europea do Viño, o único que queren é voltar ao machito e estar na poltrona, e coma foron eles quenes fixeron os primeiros
trámites para que a Cambados lle fora entregada tal distinción, éstes roxos lles roubaron o protagonismo en canto foi unha realidade, e porque os veciños e un posterior pacto de goberno así o decidiron. A democracia non forma parte do vocabulario do PP de Cambados en toda a súa extensión. Representa esta formación o caciquismo despiadado, o egoísmo e o trepar e favorecer aos amigos … 


Esa é a segunda parte e onde o goberno actual está decepcionando a moita xente; non teñen collóns para poñer a traballar aos amigos do PP que coma chupa mandriles que son traballan no Concello a costa dos veciños porque teñen un contrato laboral que firmaron “por ser amigos de”, presuntamente, e que agora viven coma polluelos baixo as alas dos actuais mandatarios. Leo asombrado a un Blog afín ao goberno que non se pode facer una Oferta de Emprego Público, nen unha Bolsa de Traballo porque o dí a lei … mentira, é porque senon os nosos hooligans se mosquean, acabouselles o chope aos máis de 30 que viven en estado de gracia ao carón de Xurxo e Tino, da Alcaldesa, de Víctor, ata que claro, comezan as guerras de quen cobra máis, de quen quere ser o Xefe de tal, de a quen invitan a viaxar a gastos pagos e eu teño que me quedar aquí, e agora vai e resulta que lles sacan os ollos presuntamente e choran. Pois xa sabedes, como dicía a grande Rosalía de Castro vou cenar cedo non vaia a ser que o consorte chegue de malas e teña que ir para cama chorando e sen nada no bandullo.

Estas cousas pasan por non ser quen de gobernar e poñer a traballar en serio a súa xente e deixarse de amiguismos. Están incurrindo nos mesmos erros que os seus predecesores e xente da vila comprometida, con ideais, que saben o que valen 5 euros, están a perdela paciencia porque loitaron, repartiron e recibiron leña para que agora éstos para non ter problemas e non entrar coma “un elefante nunha cacharrería” non teñan sangue nas venas para comezar a facer unha limpia das boas. Non son Carmela Silva, en definitiva, esa sí que puxo firmes na Diputación a unha pandilla de mangantes colocados como os de aquí a dedo. 
Sei que eso non se fai dun día para outro pero estos con tal de aprobar a RPT e non ter problemas cos Sindicatos achantan. É unha vergonza, coma outras cousas que fan como sacar notiñas na prensa con números e números, iso está moi ben para os economistas pero hai que crear traballo e servizos, e só se preocupan dos veciños e turistas solventes. Un goberno que presume de ser progresista ten que acabar co anterior e aquí ainda non caeron do nido. Pois xa saben, ou espabilan ou para casa, que está Feijoó e Luis á espera de que comecen a matarse entre eles, e polo que contan no Faro xa está a a ocorrer. Se o inimigo é grande o ataque ten que ser frontal di o Éxodo, e aquí cada un fai a guerra pola súa conta, cando teñen diante en sentido metafórico unha hydra de sete cabezas. 

Un artigo de Óscar Núñez







A FESTA CONTINÚA EN AGOSTO CO SERÁN DE TROULA











Coa finalidade de recuperar o ambiente da festa e a cultura cambadesa nace Serán de Troula, un ciclo de concertos ao aire libre para todos os públicos. Esta nova iniciativa organizada por Cristina Padín e as concellerías de Xuventude e Cultura, comeza este venres día 11 para animar ó público a gozar da compañía dos amigos na propia vila e dun bo ambiente en beneficio de todos.

Serán de Troula divídese en tres noites temáticas con xéneros musicais diferentes: rock, country e reggae, neste mesmo orde. Os encargados de inaugurar estas xornadas no Serán de Rock son MJ Pérez e Ivy Moon a partires das 21:30 aberto para todos os públicos e de forma totalmente gratuita na Praza de Alfredo Brañas.

Ivy Moon, chegados dende Santiago de Compostela, chega por primeira vez a Cambados para dar unha boa mostra da súa música, logo dun ano de infarto no que percorreron Galicia e cidades como Madrid, Barcelona, Granada e Zagreb (representando a España no Imagine Festival) e que rematou en Santiago o pasado mes, abrindo na Praza da Quintana o concerto da banda Nada Surf.

No caso de MJ, a artista arzuá pisa tamén por primeira vez a vila no que será un dos concertos de despedida do seu anterior disco "Guerrilleira", co que percorreu toda Galicia e que lle deu grandes alegrías, como o segundo posto acadado no Concurso Musical da Deputación da Coruña o ano pasado. Agora prepara a presentación do seu novo disco: "Casandra", do que nos ofrecerá un pequeno adianto este venres.

Pero a Praza de Alfredo Brañas non será o único escenario deste ciclo de conciertos. A segunda data programada de Serán de Troula caerá tamén no inicio da fin de semana que ven. O venres 18 terá lugar o Serán de Country pero esta vez as actuacións serán da Rúa Real, nas proximidades do Pazo de Fefiñáns. Para esta ocasión os grupos invitados son Iván Caride e Los Tonycash.

O día 25 de agosto terá lugar o derradeiro concierto, denominado neste caso Serán de Reggae. Neste caso, a velada estará amenizada por High Paw, Crespo e os artistas invitados, Los Primos Montiel que animarán ó publico cun ton fresco e veraniego a ritmo de rumba. Serán de Troula busca ampliar horizontes cunha programación de estilos musicais variada e facilitar o achegamento ó público da vila esta forma de cultura e diversión totalmente balde.







9.8.17

CAMBADOS CONTARÁ CON 211.000 EUROS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS











O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou esta mañá que a Xunta de Galicia financiará con 483.508 euros ás Áreas de Rehabilitación Integral de Cambados e Vilagarcía de Arousa, concellos que teñen previsto un total de 83 actuacións de reforma de vivendas no casco histórico.
Deste xeito, Cambados contará cun financiamento de 211.535 euros para a execución de 35 actuacións na súa área de rehabilitación, mentres Vilagarcía, que conta con tres áreas, recibirá 271.973 euros para a execución de 48 actuacións no casco vello, en Carril e en Vilaxoán (16 en cada unha delas).
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que a Consellería de Infraestrutura e Vivenda financiará con preto de 3 millóns de euros as 9 ARI declaradas na provincia
Poderán beneficiarse das axudas os propietarios de vivendas e edificios situadas no ámbito das ARI que as rehabiliten así como os propios concellos para actuacións de urbanización e as oficinas do ARI
Estas axudas súmanse aos 2,9 millóns de euros destinados á Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago que foron convocadas en xuño pasado.




CAMBADOS ACOLLE O MERCADO DA IMAXE












Fefiñáns actívase na fin de semana con cultura e arte 
Na fin de semana, o sábado 12 e o domingo día 13, a Praza de Fefiñáns, será a capital da oferta cultural, artesana e dos oficios emerxentes cunha nova edición do Mercado da Imaxe que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Cambados.
Seguindo o modelo iniciado o ano pasado, o evento organízase en dúas partes, na Praza instalaranse os postos de artesanía, oficios, artistas e creación contemporánea, mentres que na alameda de Fefiñáns desenvolveránse as actividades culturais complementarias.
O evento foi presentado por Víctor Caamaño, concelleiro de Cultura do Concello de Cambados e polo director de Lobiosome Producións, Antón Mascato, entidade colaboradora na loxística deste certame. Caamaño Rivas, referíuse á convocatoria con palabras eloxiosas “volvemos reunir no extraordinario espazo da Praza de Fefiñáns, nun gran evento lúdico e festivo, ás diversas manifestación de arte, fotografía, artistas gráficos, deseñadores de roupa e complementos, libro, disco e audiovisual, xentes da cultura, creativos e deseñadores de xogo, xoguetes e títeres…  na convicción de que é unha oportunidade para  facer visible a dinamización social, cultural e económica que pretendemos dende o goberno municipal”. O concelleiro afirmou que está traballando en futuros proxectos de dinamización cultural e social da Praza, que incluirán a cultura gastronómica de Cambados e do Val do Salnés.
Pola súa banda, Antón Mascato, director do evento, afirmou que “a praza de Fefiñáns é o lugar perfecto para programar eventos destas características xuntando creadores, músicos, teatro ou títeres, xoguetes e xogos populares, actividades ao ar libre, danza, artes e oficios que recollan a diversidade creativa e artística ”.
Os organizadores fixeron mención especial aos creadores procedentes de Cambados, como a empresa Brazolinda, que crea xogos educativos, ou a firma Deica, de ilustración aplicada a obxectos, ademáis doutras procedentes do Grove, Vilagarcía, Vilanova, ou Ribadumia.  Profesionais de diferentes lugares de Galicia que farán traballos ao vivo durante os dous días do Mercado, encadernadores, deseñadores, artistas, xoieiros e outros profesionais nun evento que reúne arredor de trinta emprendedores de iniciativas variadas. O Mercado da Imaxe complétase cunha programación cultural que inclúe magos, xogos tradicionais, contacontos, obradoiros e safaris de fotografía.





CICLISMO E MILLA URBANA ESTA FIN DE SEMANA








A Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa que o vindeiro venres, día 11 de agosto, a partir das sete da tarde no Paseo Marítimo de Cambados, disputarase a XXIII MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO. A proba contará con varias carreiras por idades coas súas respectivas distancias: os nenos de 10 a 13 anos correrán 800m, os de 14 a 18 anos, 800m, os veteranos (maiores de 36 anos) correrán unha milla (1609m), e a categoría absoluta (de 18 a 35 anos) unha doble milla (3218m). Para estes últimos haberá premios en metálico e trofeos e medallas para os primeiros clasificados de cada categoría.

O sábado, día 12 de agosto, será o día do ciclismo, posto que se disputa o XLIX GRAN PREMIO CICLISTA DO ALBARIÑO. A partir das cinco da tarde e no circuito urbano de Cambados, tódolos siareiros poderán disfrutar do deporte do pedal con categorías dende cadete a xuvenil.







8.8.17

A FEIRA DE OPORTUNIDADES DE CAMBADOS ESTA FIN DE SEMANA







Cambados Zona Centro presentou onte a Feira de Oportunidades 2017, un evento que gaña forza cada ano, e que nesta edición acada un novo récord de participación do comercio local. A presentación tivo lugar no Concello de Cambados e contou coa presencia da Alcaldesa, Fátima Abal, o Concelleiro de Economía, Xurxo Charlín e o presidente de Zona Centro, Juan Rey.
A feira terá lugar os días 12, 13, e 14 de agosto, cun horario ininterrompido de 11:00 a 23:00 horas. Esta edición contará con 30 expositores, dos cales 24 son empresas locais. O resto chegan desde concellos veciños como Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa ou Portonovo, e de outros máis lonxanos como Santiago de Compostela, Pontevedra ou Ribeira. 
Como en anteriores convocatorias, os que se acheguen a Cambados poderán atopar ofertas en téxtil, calzado, deporte, fogar, xoguetes e alimentación.





O PIRAGÜISMO CAMBADOS NON PUDO REVALIDAR O TÍTULO NA COPA SIPRE











Na praia da Madalena no concello de Cabanas tiña lugar a última proba da liga galega de kaiak de mar e da IV Copa Sipre de kaiak de mar, na que se reuniron vinte e catro equipos de Galicia. Ademais a competición era campionato galego da especialidade.

O Club de Mar Ría de Aldán facíase co triunfo na xeral da proba  ao sumar 335 puntos, por diante do Club Piragüismo Olívico que sumou 300 puntos, a terceira posición levoulla o Club Piragüismo Cambados con 236 puntos.
Polo que respecta á clasificación xeral masculina, a vitoria final na liga foi para o Club de Mar Ría de Aldán con 260 puntos, sendo o vencedor en mulleres o Club Piragüismo Olívico con 105 puntos.

A nivel individual a vitoria en K1 senior sprinter foi para Adrián Carpente do Club Náutico Cambre, seguido por Jesús Rodríguez do Piragüismo O Barco e de Daniel García do Náutico Cobre, Rut Otero do Breogán do Grove foi a primeira en muller senior sprinter, por diante de Noelia Moledo? Ría de Aldán e María Alonso-Piragüismo Olívico.

Ademais pola mañá celebráronse o campionato galego da categoría infantil e o campionato galego individual sprint. O Ría de Aldán levou a vitoria na xeral de infantís por diante  do Piragüismo Olívico e o Náutico Cobre.
O vencedor individual na proba de velocidade masculina foi Adrián Carpente do Náutico Cambre e o triunfo en mulleres levoullo  Carmela Menduiña do Ría de Aldán.










7.8.17

MÁIS DE 200 CONDUCTORES DERON POSITIVO BOS CONTROIS DURANTE A FESTA DO ALBARIÑO










Máis de 200 condutores deron positivo nas 3.169 probas realizadas pola Garda Civil, acompañados do Sector de Tráfico de Galicia, durante a pasada fin de semana con motivo da LXVI Festa do Albariño, en Cambados. 

Nun comunicado remitido aos medios, a dirección xeral da Garda Civil ha explicado que "máis de 200 condutores foron denunciados por conducir consumindo alcol ou drogas". Deles, 188 persoas deron positivo en alcol, 13 en drogas e dúas negáronse a realizar estas probas. 
Neste sentido, destacou que, deses 188 condutores interceptados, 186 foron observados en controis preventivos e dous por mor de accidentes. E deses 186, un total de 172 foron denunciados por vía administrativa. Aos 16 restantes instruíronselles dilixencias por superar a taxa de 0,60 miligramos por litro en aire expirado. 

Tal e como indica o corpo de seguridade, aqueles condutores multados que sexan sancionados por dar positivo en alcol durante o ano inmediatamente anterior a sanción supón 1.000 euros e a retirada de seis puntos. 
Para aqueles que non sexan reincidentes e dean unha taxa de entre os 0,25 e 0,50 miligramos por litro en aire expirado a multa será de 500 euros e a retirada de catro puntos. 

Doutra banda, aqueles que sexan postos a disposición xudicial enfróntanse a penas de prisión ou multa e en todo caso a privatización do dereito a conducir por "un tempo superior a un ano e un día". 

En canto ás probas de detección de drogas, total de 25 foron realizadas durante a festa do Albariño. Dos condutores sometidos ao test salival, que comproba a presenza de drogas no organismo, 13 deles resultaron positivos, o que supón máis do 52% do total. Segundo explicou a Garda Civil, as drogas máis consumidas están o cannabis e a cocaína. 

Esta infracción, que se cataloga como "moi grave" está castigada cunha sanción económica de 1.000 euros e leva a retirada de seis puntos do carné de conducir. 
A pesar de que os datos mostran unha minoría en canto aos condutores que deron positivos, "o balance non é satisfactorio en canto aos resultados obtidos e derivados do consumo destas substancias". 

Así, o corpo de seguridade reiterou no seu comunicado que, "aínda que a xente poida crer que está en pleno uso das súas facultades físicas e mentais, "a inxesta de drogas "fai que multipliquemos o risco de sufrir ou provocar un accidente". 

E neste sentido, a Garda Civil xa avanzou que "continuarán realizando controis a calquera hora e en calquera lugar, probas que se verán reforzadas con motivo da Festa da Auga, que terá lugar o próximo 16 de agosto en Vilagarcía de Arousa.








ÉXITO DO TÚNEL DO VIÑO











A XXIX Cata Concurso Rías Baixas Albariño entronó a Adega Quinta de Couselo, que se alzou co Ouro para o seu viño Turonia. O máximo galardón da Festa do Albariño de Cambados volve, así, a marcharse cara ao Rosal; mentres que a Prata e o Bronce quedaron no Salnés, de mans de Esencia Diviña (de Adegas Gran Vinum, de Vilanova de Arousa), que se alzou co segundo premio, e Mar de Frades (de Adegas Mar de Frades, situada en Meis), que foi o terceiro mellor viño da Cata. Nesta edición participaron un total de 59 marcas, 5 máis que en 2016, que foron analizadas por 24 expertos pertencentes tanto ao panel interno do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas como a un panel externo -entre cuxos membros se atopaba a Master of Wine Sarah Jane Evans- creado para a ocasión.

En xeral, todos os catadores destacaron a "excepcional calidade dos viños" presentados ao certame. De feito, aseguraron que lles resultou extremadamente complicado escoller os tres mellores deste ano.

Túnel do Viño, outro éxito.- Pola súa banda, o Túnel do Viño (foto inferior) organizado polo Consello Regulador consolidouse como "un referente" dentro da LXV Festa do Albariño, destacan desde a D.O. Rías Baixas. Non en balde cultivou un novo récord de visitantes, superando a barreira das 700 persoas que se achegaron a degustar algunhas das máis de 140 marcas de 58 adegas participantes no evento. A responsable de Márketing da D.O., Eva Mínguez, mostrouse moi satisfeita pola "excelente resposta que este ano tivemos por parte dos asistentes. Tanto profesionais como público xeneral agradeceron a disposición dos viños no Túnel, organizados por anadas e tipoloxías, xa que lles axudaba a guiarse mellor durante a degustación". O perfil de público que se achegou ao Túnel do Viño, segundo indica, "foi moi diverso: Profesionais que poden profundar nun amplo abanico de referencias, afeccionados aos viños de Rías Baixas que descobren novas elaboracións e consumidores que repiten experiencia ano tras ano". Ademais dunha ampla representación de galegos, entre os asistentes destacou a presenza de público procedente de fóra de Galicia e de estranxeiros.



Máis info: C.R.D.O. RIAS BAIXAS






FERIDO UN VOLUNTARIO DE P. CIVIL DE RIBADUMIA CANDO TENTABA ELIMINAR UN NIDO DE VELUTINA





Arquivo






Un voluntario da Agrupación de Protección Civil de Ribadumia resultou ferido onte á tarde tras sufrir unha caída dunha árbore. O efectivo estaba a retirar un niño de avespas velutinas, cando unha das pólas da árbore rompeu, precipitándose ao chan.
Segundo os datos facilitados ao 112, a vítima permanecía inconsciente e un dos seus compañeiros tivo que practicarlle unha masaxe cardíaca. Acto seguido, o voluntario foi evacuado polos efectivos sanitarios, xa consciente, ao Hospital Montecelo de Pontevedra.
Os feitos tiveron lugar no Couto de Arriba, na parroquia de Barrantes.
Foi Protección Civil a que alertou ao 112 Galicia, ás 20:30 horas da pasada tarde. Pola súa banda, o persoal da central das emerxencias do 112 informou ao 061-Urxencias Sanitarias. 








6.8.17

MOMENTOS TENSOS TRALA INVESTIDURA DE CABALEIROS E DAMAS









Un instante da pequena disputa. JAVIER CERVERA



O grupo de traballo As Pontes Co Ensino Público, formado por pais do CPI Monte Caxado contrarios á extinción do centro, protagonizou unha nova acción reindicativa na Festa do Albariño de Cambados, onde lle entregaron unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que mostran a súa oposición á medida adoptada pola Consellería de Educación. Os ponteses tamén transmitiron as súas peticións ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.

A comitiva viviu un momento tenso ao producirse un forcejeo entre un dos seus membros e o persoal de seguridade de Feijóo, no que chegou a intervir a Garda Civil. Os ponteses atribúen o ocorrido a un malentendido e aseguran que todo se liquidou ao momento, lembrando o seu compromiso de respectar a celebración, na que tamén lle entregaron unha das camisetas reivindicativas que os acompañan desde o inicio das protestas a José Coronado, nomeado Cabaleiro do Albariño.




XA TEMOS VIÑOS VENCEDORES DA LXV FESTA DO ALBARIÑO










Xa temos os viños gañadores da 65 edición da Festa do Albariño de Cambados
A cata concurso da LXIV Festa do Albariño 2017 contou coa participación de 59 marcas, resultando gañadores:

1° Turonia de Quinta do Couselo, O Rosal. 2° Esencia Diviña de Adegas Gran Vinum, Vilanova de Arousa
3° Mar de Frades, Meis.




Foto superior: twitter.com/radioarosaSER